Para rematar o ano e aproveitando o periodo vacacional dos atletas, a Federación Galega de Atletismo organizará para o vindeiro día 29 de decembro na pista cuberta de Expourense, unha sesion técnica para os sectores de valos, saltos horizontais e fondo e medio fondo.
Para esta importante sesión están convocadas/os un total de sesenta e cinco atletas das categorías Sub16 e Sub18 que estarán dirixidos polas/os responsables de cada sector e técnicas/os convidados. Ademáis diso, ábrese a porta a que poidan acudir os técnicos e técnicas personais de cada atleta previa solicitude.
Como ben sendo habitual, a sesión programada virá acompañada dunhas charlas técnicas que desta ocasión estarán dirixidas para atletas e para técnicas e técnicos asistentes.
Importante
Para asistir compre que todos/as os atletas e adestradoras/es confirmen obrigatoriamente a súa presenza ou ausencia antes do luns 26 de decembro ás 20.00h. A non confirmación da asistencia será considerada como renuncia a tomar parte na sesión técnica. (Confirmacións)