No día de hoxe o Presidente en funcións da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos, fixo entrega a Manuel María Mora y Pita da Veiga da insignia de ouro da FGA como mostra de recoñecemento por todos os servizos prestados ao atletismo autonómico.
A traxectoria de Manuel Mora sempre estivo moi ligada ao atletismo. Desde os anos setenta foi, xunto a outras destacadas figuras, un dos impulsores do atletismo coruñés desde distintas parcelas nas que destacarìa o seu papel como xuíz.
Colaborador e traballador infatigable, tanto durante o mandato de Sergio Vázquez como de Isidoro Hornillos, chegaría a desempeñar importantes tarefas de asesoramento legal, presidindo distintos comités, órganos e xuntas electorais con suma eficacia.
A súa distinción, que foi aprobada pola Xunta Directiva antes da pandemia pero que se fora aprazando por diversos motivos, convérteo no trixésimo sétimo galardoado/a na historia do atletismo galego.