Aldara Meilán destaca no nacional de marcha de promoción

Esta fin de semana a localidade murciana de Cieza levou a cabo a organización do XXII Campionato de España de marcha de invierno de promoción á que acudían cinco das nosas e nosos marchadores.

O resultado máis salientable foi o que protagonizaría a internacional lucense da Escola Atlética Aldara Meilán quen amosando a súa calidade lograba facerse comodamente co  título de campioa de España Sub18 logo de invertir sobre a distancia dos 5 Km. un crono de 23:27 quitando prácticamente un minuto á segunda clasificada. Na mesma distancia e categoría bo papel tamén o de Natalia Rivas do Atletismo Valladolid que lograba o sétimo posto con 26:03

O resto de actuación galega correu a cargo da tamén lucense do Lucus Caixa Rural Noa Abelleira que remataba no posto 19ª nos 3 km. Sub16 cun rexistro oficial de 16:22.

Na categoría masculina Nicolás Collazo do Ames Atletismo con 26:54 entraba en meta no posto 17º nos 3 km. Sub16 e Pablo Sánchez da Atlética Lucense no 13º con 23:56 sobre os 5 km. Sub18

Compartir: