A mellor canteira do atletismo galego pasou polo Trofeo ABANCA

Exporense foi sede durante todo o domingo da disputa do Trofeo ABANCA de pista cuberta que xuntou a preto de seiscentos rapaces e rapazas achegados de todos os recunchos da nosa comunidade.

Os catorce clubs clasificados para tomar parte nas categorías Sub10, Sub12 e Sub14 encheron o sintético ourensá con gañas, deportividade e moita ilusión que sería vivida moi intensamente tanto polos propios deportistas como pola gran cantidade de público achegado ata o recinto atlético.

As primeiras e primeiros en tomar parte foron as e os Sub10 e Sub12 durante a xornada da mañá con dobre triunfo final para os equipos do ADAS CUPA na categoría masculina Sub10 e Sub12. O resto de categorías foron gañadas tanto polo Atletismo Narón na Sub10 feminina como pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra na Sub12 feminina.

A nivel individual salientamos os excelentes rexistros e actuacións que nos ofreceron a nivel xeral cada un dos participantes, destacando de maneira en especial as mellores marcas autonómicas Sub10 efectuados por Valeria Mera do Atletismo Narón en lonxitude con 3.77 m. e a de Elden Ferrer do ADAS CUPA na proba de altura con 1.32 m.

Xa na xornada de tarde, e a partir das 16.30 horas, reanudábase o trofeo ca participación das e dos Sub14 que tamén foron quen de deixarnos excelentes actuacións e bos rexistros a nivel xeral.

Por equipos masculinos novamente a Sociedad Gimnástica, nun encontro moi pelaxado co Real Club Celta, lograba por tan só un punto de diferencia o triunfo no colectivo sendo nas mulleres o Club Atletismo Narón quen lograba estar no máis alto do podio.

A nivel individual subliñar as excelentes actuacións de Sabela Castelo da Gimnástica de Pontevedra nos 2.000 m. con 6:25.43; Aarón Pérez do ADAS CUPA en triplo con 11.58 m.; Manuel Eirín do Ourense Atletismo en peso con 13,75 m. e de Daniela Vega do Riazor Coruña nos 60 valos con 9.63, así como a do equipo de relevos masculino do ADAS CUPA dos 4×100 m. (Xoel Pungin, Gael Lagadec, Saúl Crespo e Aarón Pérez)  con 52.82,  todos elas e eles novas mellores marcas autonómicas.

Compartir: