Iván Sanmartín será o próximo Presidente da Federación Galega de Atletismo

A Xunta Electoral de la Federación Galega de Atletismo logo da súa xuntanza celebrada no día de hoxe, acaba de proclamar definitivamente na súa Resolución16-2022, tanto ás candidaturas á Presidencia da Federación Galega de Atletismo como as da Comisión Delegada da Asemblea Xeral.

Lembramos que o pasado día 9 de novembro a propia Xunta electoral acordaba desestimar a reclamación interposta por D.Joaquín Pérez, quen recurrindo ante o órgano do Comité Galego de Xustiza Deportiva, volvía ver desestimadas as súas alegacións.

Por tal motivo e de conformidade co artígo 25.3 do Regulamento electoral, e non téndose presentado máis candidaturas que postos a elexir, as presentadas enténdense automáticamente elexidas sen votación, polo que se acorda proceder ás seguintes proclamacións:

  • Lista definitiva de candidaturas á presidencia: Iván Pablo Sanmartín Carrera
  • Lista definitiva de candidaturas á Comisión delegada (entidades deportivas): Asociación Deportiva Atlética do Sil, Club Atletismo Negreira e Club Atletismo Santiago
  • Lista definitiva de candidaturas á Comisión delegada (atletas): Carlos Fraga Adrio
  • Lista definitiva de candidaturas á Comisión delegada (adestradores): Ángel Fidalgo Vázquez
  • Lista definitiva de candidaturas á Comisión delegada (xuices): Eloy Bretal Cancelas

Perfil do novo presidente

Iván Pablo Sanmartín Carreira (08/10/1975, Santiago de Compostela) leva prácticamente toda a súa vida en contacto directo co mundo do deporte e en particular, ca do atletismo.

Licenciado na Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte (INEF-Galicia 1994/1999),  a través dos seus casi 50 anos de idade, adquiriu e acumulou importantes coñecementos en cada un dos sectores polos que pasou, ben como atleta federado, xuíz, directivo, coordinador de distintas escolas e clubs, Delegado federativo e Vicepresidente de Estructura Territorial da FGA. Ademais diso, as súas inquietudes e compromisos levaronno hai uns anos a emprender o proxecto de creación dun clube de atletismo no concello onde desenvolve os seus labores coma técnico deportivo municipal (O Pino), o cal puido compaxinar coa responsabilidade da Vicepresidencia da Federación Galega de Atletismo durante as últimas dúas lexislaturas. Con todo iso, foron sen dúbida as súas facetas tanto de Vicepresidente como, sobre todo, de Delegado da Federación Galega en Santiago, as que lle permitiron adquirir as necesarias capacidades que un cargo destas características precisa.

De perfil xestor e con grandes capacidades para as negociacións, un dos seus obxectivos será o de ¨Abordar este nova etapa como un gran proxecto conxunto na que a toma de importantes decisións deben ir da man dunha gran capacidade de xestión, negociación e entendemento tanto, coas principais institucións públicas e privadas, como cos distintos estamentos do tecido atlético galego¨.

Con este novo ciclo, o vindeiro día doce de decembro será nombrado oficialmente Presidente da Federación Galega de Atletismo en sustitución de Isidoro Hornillos -quen levaba no cargo desde o ano 2006 e renunciaba a unha nova reeleción- convertíndose no mandatario autonómico décimo oitavo desde a creación da entidade no ano 1921.

 

Compartir: