Normativa e cotas das licenzas autonómicas para o 2023

Logo da aprobación provisional da Comisión Xestora o pasado día 7 de novembro, no día de onte saiu a circular ca normativa de licencias 2023 á espera da súa aprobación definitiva por parte da Asemblea Xeral.

Na mesma infórmanse dos pasos a seguir así como a dos distintos custes de tramitación en cada un dos estamentos, categorías e niveis. Como dato importante compre salientar que os prezos das licenzas para este ano non sufriron variación en relación a pasada tempada, estando xa aberta a posibilidade da tramitación para clubs e adestradores (desde o día 7 de novembro) e de atletas (desde o día de hoxe)

Compartir: