Resultados

Vinte e dous clubs tomarán parte no Campionato de España de campo a través

Un total de vinte e dous clubs galegos tomarán parte os días 12 e 13 deste mes na localidade burgalesa de Atapuerca, no Campionato de España da modalidade que xuntará a máis de douscentos clubs achegados de todo o Estado.

A esta cita concurren os campións galegos da recente edición autonómica disputada en A Rúa, destacando a participación do ADAS CUPA quen poñerá en valor o título galego absoluto conquistado en ambas categorías.

Relación de equipos galegos clasificados por categorías:

  • Sub16 Feminino: La Mochila del Deporte, C.D. La Purísima e Atletismo Narón
  • Sub16 Masculino: A.D.Fogar e Atletismo Narón
  • Sub18 Feminino: Comesaña S.C.
  • Sub18 Masculino: Atlética Lucense, S.D. Compostela Atletismo e Riazor Coruña
  • Sub20 Feminino: Sociedad Gimnástica
  • Sub20 Masculino: Real Club Celta e C.D. La Purísima
  • Sub23 Feminino: C.Atletismo Santiago
  • Sub23 Masculino: C.Atletismo Santiago
  • Absoluto Feminino: ADAS CUPA e At. Femininio Celta
  • Absoluto Masculino: ADAS CUPA e S.D. Compostela Atletismo
  • Relevo Mixto: ADAS CUPA, C.Atletismo Sada, S.D. Compostela Atletismo e C.Atletismo Ribadeo

Compartir: