Esta fin de semana será o Concello de A Rúa quen de o pistoletazo de saída a tempada de campo a través ca disputa do Campionato Xunta de Galicia de clubs absoluto, Sub23, Sub20, Sub18 e de equipos mixtos na categoría absoluta.
A esta cita están inscritos un total de dazasete equipos e preto de douscentos atletas que tomarán parte nas distintas categorías a partir das 10:00 horas desde o Circuito da Chopera.
O S.D. Compostela Atletismo con cinco equipos, é o conxunto que acude con máis participantes, seguidos do ADAS CUPA e C.D. La Purísima con catro.
É precisamente o club de o Barco de Valdeorras, quen aspira a revalidar a actuación do ano pasado na Illa das Esculturas en Pontevedra onde se fixo cos títulos tanto na categoría masculina como na feminina. S.D. Compostela e Atletismo Ribadeo en homes e o Atletismo Femenino Celta en mulleres, estarán tamén na loita por este importante título absoluto de campo a través.
Campionato de España Master Mixto
Por outra banda, os equipos do Samertolameu e do Club Atletismo Sada, viaxarán esta fin de semana ata a localidade biscaíña de Durando para tomar parte no Campionato de España de clubs másters mixtos, logo da súa clasificación por estadillo.
A priori o equipo madrileño do TCR Team parte como un dos favoritos ao título, posicionándose claramente os conxuntos galegos aos postos de podio. Lembremos que xa na edición do ano pasado en La Nucía, os sadenses quedaban ás portas do bronce ao rematar cuartos no campionato, ocupando de igual modo o Samertolameu a sexta posición.