A Copa de clubs máster e o autonómico dos 10K, centran a atención esta fin de semana

Esta fin de semana está previsto que os Concello de Pontevedra e Ames acollan as edicións correspondentes á Copa de Clubs Máster e o Campionato Xunta de Galicia dos 10K que poderemos presenciar o sábado e domingo respectivamente.

Nas pistas do CGTD de Pontevedra darase cita os equipos máster da S.D. Compostela, Atletismo Narón, C.A. Sada, Atletismo Millaraio e Ourense Atletismo na procura deste importante título autonómico de clubs máster.

A priori parten como favoritos os equipos do Sada en ambas categorías, quenes defenderán o título logrado o ano pasado en homes, ocupando a mellor posición dos participantes en mulleres, ante a ausencia do Samertolomeu gañador da edición feminina 2021.

Por outra banda o Concello de Ames dará acollida ó Campionato de Galicia dos 10 km. en ruta que regresa novamente logo de dous anos de ausencia.

Entre a relación de participantes masculinos destaca a presenza do Campión de Galicia da última edición Rubén Diz do Ourense Atletismo, quen estará acompañado do tamán vencedor M65 Domingo Álvarez do Egovarros.

A maiores tomarán parte atletas importantes como é o caso dos internacionais El Mehdi El Naboaui e Elian Numa quenes estarán acompañados na categoría Sub23 por Iago Jopia do Coruña Comarca. Tamén aspiran a loitar polos postos importantes na clasificación xeral os atletas Hugo García do Real Club Celta (Sub20), Estebán Iglesias do Lucus Caixa Rural, Adrián Lago da Gimnástica e Manuel Hurtado da Gimnástica de Pontevedra. Na categoría dos máster tomarán a saída importantes e coñecidos atletas como Xosé Luis Otero do Atletismo Santiago e Domingo Álvarez do Burgas na M70, entre outros.

Na categoría femenina serán as atletas Uxía Pérez do Playas de Castellón, Sandra Mosquera do Comesaña, Tina Fernández  e Rocío Alvite do Atletismo Sar quenes a priori estén na loita polo título absoluto, sen esquecernos no resto de categorías nas que contaremos con Sofía Freaza do Comesaña na F40, Teresa Castro do Atletismo Noia na F50, Luz María Domínguez do Burgas Ourense na F60 ou Elvira Tresguerras do Atletismo Sar na F70 entre outras.

Compartir: