A Federación suscribe un convenio de colaboración ca súa homóloga da R.F.Galega de Fútbol

A pasado venres asinábase na sede da R.F.G. de Fútbol un convenio de colaboración entre a entidade futbolísta e a Federación Galega de Atletismo na procura de estreitar lazos entre ambos organismos deportivos.

O Presidente da FGA Isidoro Hornillos e o Presidente de árbitros de Galicia Bernardino González, escenificaron a importancia de compartir recursos e optimizar medios polo que ambas federacións comprometeronse á cesión mutua de instalacións na medidas das súas dispoñibilidades.

Outro dos aspectos barallados foi o de traballar para impartir coñecementos técnicos aos preparadores físicos da RFGF e do Comité Técnico de Árbitros, ademais da posibilidade de formar aos seus xuíces e integrar aos atletas no estamento arbitral.

Por último tamén, e como froito deste asinado, nacerá a  “Olimpíada Arbitral Galega” na que cada delegación arbitral creará a súa propia selección de atletismo e participará xunto ao resto, nunha xornada de competición e irmandamento. Ademais, os árbitros/as que se federen en atletismo defenderán as cores do seu club filial en calquera competición atlética.

 

 

 

 

 

Compartir: