Damos a benvida ao Maderas Barcia Cervo

Damos a benvida de maneira oficial a unha nova entidade recentemente constituida na comarca da Mariña Lucense, o Atletismo Maderas Barcia Cervo

Malia que formada o día 14 de setembro de 2022 , é no día de hoxe cando se presentaron en sociedade facendo a súa primeira foto institucional no Concello de Cervo co Alcalde D. Alfonso Villares e co Concelleiro de Deportes D. David Rodríguez.

Segundo comunican desde a entidade ¨O vindeiro xoves 13 de outubro faremos a foto de presentación oficial con todo o equipo, nas pistas de atletismo ás 19 horas¨
Sobre a filosofia desta iniciativa sinalan que ¨Nacemos con forza da man do noso clube vinculado e orientado polos seus profesionais, o Maderas Barcia Lourenzá. A idea principal, é fomentar o Atletismo en exclusiva para os nenos, nenas, rapaces e adultos na nosa contorna. A nosa primeira directiva está formada por Patricia Calvo como presidenta, Rubén García como secretario, Jesús Baltar como tesoureiro, e como vocais Roberto González e Juan Luís Méndez¨

Os seus adestramentos para iniciación serán os martes e xoves de 16:15 a 17:15 horas nas pistas de atletismo de San Ciprián, podendo solicitar máis info en:

Compartir: