Esta fin de semana e coincidindo ca estrea do mes de outubro, retómase a actividade competitiva de probas para este último trimestre do ano ca disputa este domingo do Campionato Xunta de Galicia de Maratón individual e por clubs que volve logo de duns anos de ausencia.
Serán as rúas coruñesas quenes paralelamente á disputa da Maratón Atlántica e 10K, sexan as encargadas de inscribir os nomes das gañadoras e gañadores ao palmarés deste evento para as categorías absoluta, sub23 e máster.
Para elo do total dos 3.952 participantes que tomarán parte a nivel xeral nas probas populares, máis dun cento serán quenes disputen oficialmente este Campionato Xunta de Galicia, que contará ca presenza da actual campioa galega absoluta Rosario Figueroa como clara aspirante a revalidar o seu título. Xunto ela tamén estará a campioa da edición do ano 2019 Vanesa Rama na F40 así como Santiago Vázquez na M50 e José Pita na M60.
Por clubs, serán os vixentes campións Atletismo Fene en homes e Egovarros de Viveiro en mulleres quenes pelexarán por reeditar o título logrado no ano 2019 sobre este mesmo escenario.
Melloras no circuito
A carreira que dará comezo as 08.00 horas con saída desde Porta Real e chegada en María Pita, contará con algúns cambios en relación a edicións anteriores, incluíndose novos trazados máis chairos, planos e céntricos que buscan facilitar a consecución de mellores rexistros.
Activiades paraleas
O Concello da Coruña ten organizado de maneira paralela durante toda a fin de semana unha serie de actividades como un ciclo de conferencias ou a Expo Running que estará ubicada na zona de retirada de dorsais en Palexco