Deixounos Manolo Teijeiro

Novamente a familia do Atletismo Galego está de loito polo falecemento no día de onte Manuel Teijeiro García.

Nado en Ferrol no ano 1954,  foi ao longo da súa vida unha persona moi vencellada ao atletismo especialmente durante o mandato federativo de Sergio Vázquez. Durante todos eses anos, exerceu diversas funcións e cometidos na que destaca a de Membro da Xunta Directiva da FGA e Delegado Federativo de Ferrol, impartindo de igual modo innumerables cursos de formación atlética.

Funcionario do Ministerio de Defensa, foi Xuíz Nacional de atletismo xunto a súa muller Josefina Romero -tamén falecida e cuxo nome leva o Trofeo de Marcha de categorías inferiores- sendo parexa habitual nas distintas probas tanto de rango nacional como autonómico, motivo este que os fixo ser moi queridos e coñecidos por todos e cada un dos estamentos atléticos.

Durante os últimos anos centraría a súa paixón polo noso deporte a través da fotografía, que o levou a percorrer as máis importantes probas de ruta do noso país e cuxos excelentes traballos, eran seguidos por milleiros de seguidoras e seguidores a través das súas redes sociais.

Boa viaxe querido compañeiro!

Compartir: