Regresan os Campionatos Xunta de Galicia de maratón e media maratón

Logo do remate das vacacións comeza pouco a pouco a retomar a actividade atlética aos seus escenarios habituais.

A ruta é unha das modalidades que arrancarán con forza xa que tanto o Campionato Xunta de Galicia de Maratón como o Campionato Xunta de Galicia de Media Maratón serán  dúas das máis importantes citas que terán lugar respectivamente en A Coruña e Pontevedra no mes do outubro

En concreto será o vindeiro día dous do citado mes, cando a cidade herculina acolla novamente o autonómico de maratón, incluido no calendario RFEA,  sobre un circuito urbano e na que tanto Miguel Penedo como Rosario Figeroa, aspiran a revalidar o seu último título logrado no ano 2019.

Con esta serán dazasete edicións as disputadas nas cales é precisamente Rosario Figueroa a atleta que conta con máis títulos logrados (tres nos anos 2015-2016-2019) correspondendo a mellor marca femenina dos campionatos á estabrecida por María Jesús Gestido no ano 2013 con 2h.40:23

Na categoría masculina comparten dobre título Elías Domínguez (2001 e 2014) e Antón Amoedo (2002 e 2003) sendo a mellor marca masculina dos campionatos a que lograba no ano 2013 o internacional Pedro Nimo con 2h.14:55.

Media maratón

Outra das grandes citas será o Campionato Xunta de Galicia de medio maraton que se desenvolverá baixo a colaboración da Gimnástica no Concello de Pontevedra o vindeiro día 16 de outubro.

Con esta disputa, serán vintesete as edicións que se veñen desenvolvendo a través dos cales a atleta do Comesaña S.C. Soledad Castro,  é a que máis títulos ostenta cun total de nove (do 2001 ao 2009 e o título do 2015), sendo na categoría masculina o máis laureado Ramón Serantes con catro campionatos (2000, 2001, 2003, 2007). É precisamente este atleta coruñés quen conta ca mellor marca no serial de edicións con  1h.05.28 do ano 2009, sendo Paula Mayobre con 1h.15:41  a máis rápida na categoría femenina na edición levada a cabo no 2018 na localidade de Riveira.

Compartir: