Resultados

O CGX organiza un exame para novembro de Xuíz Nivel I

Logo das vacacións, os distintos estamentos atléticos galegos comezan a elaborar e planificar a súa axenda de actividades de cara a este último cuadrimestre do ano.

Desta vez é o Comité Galego de Xuices quen vai organizar un exame de ascenso á categoría de Xuíz Nivel I para o día 26 de novembro ás 17:00 horas.

Os interesados poden dirixirse á súa delegación territorial da FGA para solicitar información ou no correo xuices@atletismo.gal

Curso online gratuito do C.G.X.

Para a preparación do mesmo o CGX elaborou e editou un curso online de balde, a través do cal poder recibir clases sobre a materia e temario para o Nivel I

Máis información

 

 

Compartir: