No día de hoxe dará comezo a última cita internacional importante da tempada de aire libre ca disputa dos Campionatos de Europa de Atletismo que se leverán a cabo na cidade alemana de Munich dos días 15 ao 21 do presente mes.
A ela acuden unha importante representación galega que abrirá a súa participación no día hoxe ca presenza de Belén Toimil no lanzamento de peso. A de Mugardos buscará a súa clasificación para a disputa da final como xa fixera o ano pasado no europeo de pista cuberta.
Pola súa banda, a medallista de bronce no europeo Sub23 de Letonia, Antía Chamosa, será a nosa representante na proba de marcha, consolidandose definitivamente na elite mundial. O obxectivo de Antía será estar competindo entre as mellores marchadoras europeas nunha distancia na que conta cun marxe enorme de mellora.
Por último Adrian Ben será o noso ultimo representante na cidade alemana de Munich. Tomará parte nos 800 m. logo do mal sabor de boca que lle deixou o mundial e do que acude nunha boa forma con moitas gañas de facer un bo papel.
Horario participación Galega
Belen Toimil. Lanzamento de Peso
- Clasificatorias. Luns 15 ás 11.20 horas
- Final: luns día 15 ás 20.38
Adrian Ben. 800 m.
- Clasificatorias día 18 agosto ás 10.10 horas
- Semifinal: día 19 ás 20.27 horas
- Final: Día 21 ás 19.40 horas
Antía Chamosa. 35 km. marcha
- Día 16 ás 08.30 horas