Os resultados dos nacionais de aire libre ilusionan

Un total de 10 ouros, 10 pratas e 17 bronces foi a colleita de metais logrados este 2022 polo atletismo galego nos Campionatos de España de aire libre das categorías Sub16, Sub18, Sub20, Sub 23 e Absoluta.

Nas mesmas destacan os excelentes resultados logrados en Torrent no Campinato de España Sub20 onde as nosas e nosos representantes voltaron cun total de trece metais. De igual modo non menos notables foron as dez medallas no nacional Sub16 disputado en Avilés e as seis do nacional Sub18 de Jeréz de la Frontera. Siguen por orde, cinco metáis do Sub23 en Santander e tres do absoluto logrados en Nerja.

Por especialidades, os lanzamentos domiñan o casilleiro cun total de quince metais seguido do medio fondo e fondo con sete reafirmándose o sector da velocidade no terceiro lugar con cinco. Este último sector xunto, ás combinadas -que aparece con catro podios-  confirman o seu importante medre dos últimos anos

Por último en canto ao sexo, son as mulleres quenes con vintedous metais e un 59,45%, encabezan o medalleiro nacional do noso atletismo seguidos dos homes con quince e un porcentaxe do 40,5%.

No tocante ao número de atletas finalistas, déronse un total de sesenta e cinco no que as categorías Sub20 e a absoluta foron as que contaron cunha maior cifra de quince e trece respectivamente. Pechan a relación os trece finalistas dos Campionatos de España Sub23 e Sub16 e os dez do nacional Sub18.

Para o presidente en funcións da FGA Isidoro Hornillos, ¨Estes datos confirman o importantísimo traballo que están a levar a cabo os distintos clubs, técnicos e técnicas os cales están facendo posible contar nestes momentos cunha das canteiras máis prometedoras e talentosas do noso deporte. Por desgracia malia que se ten avanzado moito, compre lembrar as carencias e limitacións dalgúns núcleos en canto a material e infraestructuras que obrigan a traballar en condicións difíciles o que engade ainda máis mérito, ao traballo desenvolto¨

Compartir: