Ranking (Pechado a 30/07/2022)

Aberto o prazo para solicitar prazas no CGTD para o curso académico 2022/23

No DOGA do día de hoxe aparece publicado a ORDE do 26 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2022/23.

Por tal motivo e como todos os anos, ábrese o prazo de solicitudes para cursar estudos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra na que as prazas ofertadas serán para o sector de lanzamentos.

Todas/os aqueles atletas interesados en optar a unha praza/bolsa deberán encher a solicitude ata o día 16 de agosto.

A FGA, unha vez recibidas tódalas solicitudes emitirá unha proposta á Dirección do CGTD.

SOLICITUDE

Máis infomación: Circular 82-2022

Compartir: