Ranking (Pechado a 30/07/2022)

Moita emoción e disputa na celebración do Campionato Xunta de Galicia Absoluto

As pistas universitarias de Elviña pechaban no día de onte a gran cita do atletismo galego cunha nova edición do Campionato Xunta de Galicia Absoluto patrocinado polo Concello de A Coruña e que serviu para presenciar actuacións moi interesantes. O evento  foi aproveitado de igual modo para dar o último adeus, nun acto breve e emotivo, a quen fora presidente e gran artífice do noso atletismo actual Sergio Vázquez.

Emoción, disputa e moita igualdade

As probas de velocidade contaron cunha gran final de 100 m. femininos na que a finalista europea Ainhoa Réparaz do Val Miñor foi máis rápida que Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural marcando 11.93 polos 12.08 da lucense. A plusmarquista galega dos 200 m. e medallista paralímpica teoría que agardar ao dobre hectómetro para subir ata o máis alto do podio con 24.78.

Na categoría masculina o favorito Adrián Pérez cumpría os prognósticos logrando a medalla de ouro con 10.65. Sergio Rodríguez da Gimnástica nun bo ano,  entraba na segunda posición con 10.81, logrando o título galego sobre os 200 m. con 21.68

O campión de España Sub23 Jacobo Soler con 48.79 e María Fernández con 56.31, refrendaban o seu dominio sobre os 400 m. no que a coruñesa lograba tamén un bronce sobre a distancia dos 800 m.

As probas dos 800 m. e dos 1.500 m. contaron nas dúas categorías cos mesmos domiñadores xa que tanto Jorge Puig do Atletismo Santiago como María Cedrón do ADAS CUPA conseguían subir por partida dobre ao máis alto do podio.

Os 5.000 m. e os obstáculos na categoría masculina tiveron acentuado sabor lucense nas mans de Esteban Iglesia e de Nicolás Arrojo, ambos do Lucus Caixa Rural quenes se proclamaban campións galegos con 15:12.34 e 9:50.94 respectivamente. No tocante á categoría feminina, a internacional do Comesaña Sandra Mosquera con 18:16.42 nos 5.000 m,. e Patricie Viadel do Atletismo Santiago nos obstáculos con 11:21.35 domiñaban as mesmas probas.

Os 100 valos tiveron en Lucía Ferrer á protagonista xa que o seu rexistro en semifinais de 14.20 representa un novo récord galego Sub23 mellorando os 14.22 de Claudia Rojo. Xa na final lograba o título galego con 14.37 ao igual que o internacional David Vicente do Playas de Castellón con 14.85 na categoría masculina.

Nos valos longos foi a medallista de bronce no nacional Sub20 en combinadas Lucía Sánchez del Valle da Atlética Lucense e Iago Núñez do Real Club Celta quenes lograban os título nestas modalidades.

A marcha daba o triunfo a Oleksandra Kostenko da Atlética Lucense con 26:08.48 sendo na categoría masculina o mellor galego Carlos Morales do Ourense Atletismo.

Os concursos de saltos deixábannos bastantes emocións e incertidumes para disfrute do numeroso público presente nas bancadas do Estadio Universitario. A lonxitude tivo que agardar ata o penúltimo salto nun man a man céltico,  para definir o triunfo a Raúl Cortizo con 7.34 m. por tan só tres centímetros sobre Sergio Coello.

Para igualdade, a clasificación de altura femenina na que foi o número de nulos os que determinaron as medallas ao rematar tres atletas en 1.62.  Emma Sihuang da Atlética Lucense, Andrea Reija do Xuncas Diversia e Andrea Villaverde da Gimnástica foron por ese orde as clasificadas.

Axustadas tamén resultaron as modalidade de pértega femenina, na que Nerea Fernández do ADAS CUPA lograba o título con 3.23 m. polos 3.18 m.de Marta Formoso da Gimnástica, e a altura masculina con triunfo de Pablo Alonso do Atletismo Santiago con 1.87 m.  polos 1.84 de Diego Ares do Ourense Atletismo.

Máis claras foron as primeiras posicións logradas por Andrea Villaverde da Gimnástica en lonxitude con 5.82 m.; Ariadna Gil do Vila de Cangas e Diego Míguez do Atletismo Sada en triplo con 11.33 m. e 14.13 m. e Tomás López do Atletismo Sada en pértega con 4.40 m.

Xa nos lanzamentos, Raquel Villa do A.F.Celta lograba a primeira posición en peso con 12.12 m. polos 11.75 m. da subcampioa de España Sub20 Xiana Lago do Ría Ferrol quen repetía metal en disco mirando xa o día 13 de agosto, no que tomará parte en Munich nun cadrangular internacional ca Selección Española Sub20.

Na categoría masculina novamente Victor Gallego da Gimnástica de Pontevedra facíase ca primeira posición no concurso de peso logrando con este ouro un total de ¡¡33 títulos galegos!! que o converten xa en toda unha lenda actual do noso deporte. O ¨capi¨ da Gimnástica a piques estivo de sumar o trixésimo cuarto ouro en disco, malia que desta vez o triunfo foi parar por tan só un centímeitro a mans de Fran Guzmán Ares do Capex con 47.79 m.

María Ezquerro do Atletismo Sada non tivo problemas para facer valer a súa autoridade no disco con 43.87 m.

No martelo a internacional e recente subcampioa de España Sub23 Irene Gómez domiñaba desde o círculo de lanzamento cun mellor tiro de 55.15 m. estando na segunda posición a tamén internacional Sub18 Blanca Pereira do Ourense Atletismo quen recentemente  tomaba parte no Campionato de Europa desenvolto en Jerusalén.

Na categoría masculina Nacho Fernández do Playas de Jandía con 61.66 m. impúxose a Carlos Revuelta da Gimnástica con 59.37 m. e a Yago Araujo do Celta con 57.82 m.

Na xavelina María Pena do Celta domiñaba a especialidade con 37.37 m. sendo o internacional e campión de España no 2013 Manuel Uriz quen facía o propio na categoría masculina con 62.69 m.

Por último o equipo de relevos do Marineda Atlético lograba o triunfo nos 4×100 homes nunha modalidade na que a Gimnástica de Pontevedra acumulaba o resto de títulos nos 4×100 mulleres e nos 4×400 homes e mulleres.

 

 

Compartir: