Si onte falabamos do cartel masculino do Campinato de Galicia Absoluto, hoxe ímonos centrar no que pode dar de si as distintas probas e concursos da categoría femenina da presente edición.
Para comezar o máximo atractivo será sen dúbidas a presenza da Campioa Paralimpica dos 100 m. e Subcampioa dos 400 m. Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural, quen tomará parte nas probas dos 100 m. e dos 200 m. A plusmarquista autonómica dos 200 metros foi noticia ademáis recentemente por convertirse na primeira atleta paralímpica en recibir o premio Rei Juan Carlos de mans dos Reis de España.
Ainhoa Reparaz será outra das grandes activos do campionato. A plusmarquista galega dos 100 m. e sensación da velocidade galega, realizaba recentemente un extraordinario campionato de Europa Sub18 no que lograba a medalla de bronce co equipo de relevos nacional e un cuarto posto na final individual. Un dos pratos fortes de Elviña será poder ver en acción a Adi Iglesias e a Ainhoha Repáraz nas finais dos 100 e 200 m.
A recente medallista de bronce no nacional Sub20 dos 400 m., María Fernández parte como clara favorita ao titulo autonómico nunca distancia na que a priori Inés Oitavén do ADAS CUPA podería plantar cara á coruñesa.
A finalista do recente nacional Sub23 de Santander María Cedrón da ADAS CUPA figura inscrita como favorita tanto nos 800 m. como nos 1.500 m. proba esta última na que a internacional do Comesaña Sandra Mosquera acredita o mellor rexistro xunto a os 5.000 m.
Os 100 valos contará ca finalista no Sub23 Lucía Ferrer da Gimnástica quen parte como favorita co permiso de Antía Martínez do Ría Ferrol e Agata Rodríguez do Vila de Cangas. Máis axustado a priori terano a internacional lucense Lucía Sánchez del Valle nos 400 valos grazas aos 59.29 (lisos) cos que se acude a Elviña e nos que se medirá as másters Concha Novais do Atletismo Sada e Cristina Estévez do Celta
En obstáculos e marcha claro dominio por marcas de Patricie Viadel do Atletismo Santiago e Alba Pérez do Atletismo Negreira quen competirá ca favorita Oleksandra Kostenko da Atlética Lucense con praza de atleta extranxeira.
A priori prespectivas moi favorables polas marcas acreditadas de cara ao titulo autonómico tanto para Nerea Fernández do ADAS CUPA en pértega con 3.21 m., María Pena do A.F.Celta en xavelina con 44.07 m. e para María Ezquerro en disco con 44.15 m.
Alba Cuns centrará as miradas no concurso de triplo. A internacional e campia de España Sub20, quen acaba de ser convocado para tomar parte nos Campionatos Mundiais Sub20 de Cali en Colombia, aportará calidade e categoría nesta edición.
Andrea Villaverde da Gimnástica pelexará na colchoneta de altura ca líder da proba Emma Sihuang Pérez da Atlética Lucense quen acude con 1.70 m. Por outra banda, tamén estará no foso de lonxitude ca mellor marca das participantes a cuxa cabeza sitúase a internacional e medallista Sub20 en heptathlon Lucía Sánchez del Valle.
Sen apartar a vista dos concursos, outra das internacionais presentes será Irene Gómez no círculo de martelo. A viguesa nas ringleiras do Valencia Atletismo acude logo de lograr recentemente a medalla de prata no nacional Sub23 no seu debut de categoría. Continuando co martelo, importante presenza de igual modo da internacional do Ourense Atletismo e subcampioa de España Sub18 Blanca Pereira, quen lograba o décimo primer lugar no Campionato de Europa da súa categoría desenvolto fai uns días en Jerusalén.
Outra das nosas máis talentosas promesas, a subcampioa de España e internacional Xiana Lago do Ría Ferrol -que acaba de ser convocada para un encontro internacional cadrangular en Munich- estará competindo polo título galego no concurso de peso xunto a Raquel Villa do Celta quen acude ca mellor marca por tres centímetros.
Por último nas probas de relevos nos 4×100 m. tomarán parte os equipos do Vila de Cangas, C.A.Narón, C.A.Sada, C.A.Santiago, La Mochila del Deporte, Marineda Atlético, Rías Baixas, Riazor Coruña e Gimnástica de Pontevedra. Nos relevos longos dos 4×400 m. sairán as formacións da Gimnástica e do C.A.Sada.