Reservas para o Comedor Universitario do Campionato de Galicia Absoluto

¡¡IMPORTANTE!!

En relación ao Campionato de Galicia absoluto do vindeiro día 23 de xullo a celebrar nas pistas coruñesas de Elviña, CABE A POSIBILIDADE, de poder xestionar un dos comedores universitarios que se atopan a menos de 200 m. das pistas.

Para elo, e segundo indicacións dos seus administradores, compre un número mínimo de 100 persoas motivo este polo cal abrimos un rolda de consultas entre os clubs e interesados para que nos indiquedes ao correo redesfga@gmail.com ou ao WSP 61 98 47 195 ata o luns día 18 as 12:00 horas un número aproximado de interesados/as.

O Menú é de 10€ persoa, podendo elexir dous pratos (auga, pan e postre incluido)

  •  Ensalada mixta
  •  Macarróns con tomate e atún
  •  Filete de polo con arroz ou patacas fritas
  •  Postre incluido de Iogourt ou froita

A maiores cóntase con servizo de cafetería (non incluido no prezo)

Compartir: