Resultados

Cinco medallas e trece finalistas, balance galego no nacional Sub23

Excelente Campionato de España o disputado esta fin de semana polas nosas e nosos atletas Sub23 en Santander que se saldou cun balance total de catro medallas e catorce postos de finalistas.

O máis salientable foi o título nacional logrado polo velocista Jacobo Soler do Grupompleo Pamplona, quen nun fantástico campionato lograba parar o reloxo nun menos extraordinario 47.06, rexistro este que o sitúan como un dos máis firmes candidatos a entrar na barreira dos ¨46¨ desde donde poder intentar atacar o récord galego absoluto dos 400 m. que conta con máis de oito lustros de existencia.

Continundo cas carreiras, novamente Elian Numa do Coruña Comarca lograba un podio nacional despois dun periodo complicado no que as lesións impedíronlle continuar ca súa progresión. O seu rexistro de 1:52.52 e o seu subcampionato de España, sitúan novamente na elite nacional ao medio fondista coruñés.

Na categoría femenina, os lanzamentos marcaban a senda dos metáis. A lanzadora lucense do Lucus Caixa Rural Galega Uxía Sureda, foi a máis madrugadora e a quen correspondería o primeiro podio galego. O seu terceiro lanzamento de 39.76 m. servíronlle para colocarse na segunda posición nun concurso moi disputado no que sumou un novo éxito deportivo ao seu palmarés.

A outra das medallas achegábase do círculo de martelo no que a campioa de España Sub20 do ano pasado, Irene Gómez, daba mostras da súa gran calidade. A internacional viguesa, lograba a medalla de prata debutando nesta categoría nun último lanzamento de 58.42 m. que recompensa un ano difícil de lesións.

A saltadora internacional Olaia Guisela Becerril lograba un novo metal para o noso deporte no foso de triplo logo de saltar ata os 5.76 m. que lle daban a cuarta posición, malia que a condición de atleta extranxeira da tercera clasificada, Florina Sabou, fixo que ocupara finalmente o terceiro peldaño do podio.

En canto ao resto de actuacións, cabe salientar as cuartas posicións logradas por Eva Queimaño nas combinadas, Sergio Coello e Yago Araujo do Real Club Celta en lonxitude e martelo respectivamente así como a de Diego Míguez do Atletismo Sada no triplo.

Destacamos tamén foron os postos de finalistas logrados por, Cristina Garrido nos 100 m.;Andrea Villaverde na lonxitude;  María Carballido nos 800 m; María Cedrón nos 1.500 m.; Uxía Paz en triplo; Marcos Bouza no disco; Miguel Angel Granado en peso así como o relevo femenino dos 4×100 da Sociedad Gimnástica.

 

 

Compartir: