Protagonismo para os Sub16 e Sub20 na fin de semana

Fin de semana intenso e interesante o presenciado durante a disputa dos Campionatos Xunta de Galicia Sub16 e Sub20 individual e de combinadas e que tiveron por escenario as pistas Universitarias de Atletismo de Elviña.

Daba comezo o Campionato Sub16 na xornada do sábado onde o máis salientable nas probas de velocidade masculinas foron os títulos logrados Antón Cillero do Riazor Coruña quen lograba impoñerse tanto na proba do 100 m. con 11.61 como na dos 300 m. con 37.21

Leo Rodríguez do Samertolameu pola súa banda, facíase cos títulos autonómicos dos valos logo de gañar nos 110 con 14.19 e nos 300 con 41.02. Mesmos número de metais os tamén logrados polo atleta do Barbanza Enzo López cos concursos de xavelina con 52.94 m. e triplo con 12.46 m.

Na categoría feminina foi Celia Castro do Mazí a que lograba subirse ao máis alto do podio tanto nos 100 m. con 12.24 como na dos 600 m. con 1:34.67, sendo Martina Gutiérrez do Celta quen se achegaba ata os 1.57 m. en altura e os 15.45 nos 100 valos . Nos lanzamentos boa actuación para Mar Simón do Celta logo de lograr as mellores medicións tanto no disco con 38.64 m. como no martelo con 42.62 m.

No campionato Xunta de Galicia Sub20 desenvolto o domingo, o vento estragou boa parte das aspiracións e as esperanzas de lograr bos rexistros. Malia elo foi notoria a participación levada a cabo por Hugo García do Celta quen lograba impoñerse nos 800 m. con 1:57.07 e nos 3.000 m. con 8:38.69

Na categoría femina destacaron de igual modo as actuacións da internacional Lucía Sánchez del Valle quen se facía con tres ouros grazas aos seus 26.55 nos 200 m,. os 5.56 m. na lonxitude e os 14.99 nos valos

No sector de lanzamentos a campioa nacional Sub20 Paula Piñón do Celta, facíase cas coroas nos concursos de disco e xavelina con 37.28 e 44.32 m. respectivamente

 

 

 

 

Compartir: