Resultados

A Selección Galega regresa de Granollers cunha boa sétima posición

A selección Galega de atletismo lograba no día de onte unha meritoria sétima posición no Campionato de España de Seleccións desenvolto en Granollers cunha puntuación total de 418 puntos, o que mellorando a oitava posición acadada o ano pasado.

Hai que subliñar a gran actitude e o compromiso de todas e todos cantos tomaron parte nesta importante cita na que novamente os lanzamentos foron os que depararon as maiores alegrías e mellores resultados.

Para comezar a atleta olimpica Belén Toimil, facíase ca primeira posición no concurso de peso no que chegaba cun único lanzamento ata os 16.85 m. De igual modo a nosa plusmarquista nacional tomaba parte no concurso de disco no que lanzaba ata os 49.22 m. o que valían á Selección para sumar unha cuarta posición.

Continuando cos lanzamentos Yulenmis Aguilar que viña de lanzar recentemente por encima dos 64 m., impuxo a súa autoridade no corredor de xavelina ao facerse ca primeira posición cun mellor lanzamento de 62.19 m.

Por último, o terceiro triunfo galego producíase no círculo de disco na o lanzador con ficha galega Juan José Caicedo, lograba impoñerse cun rexistro de 58.63 m.

Outro dos posto de podio logrados pola Selección foi o de Dani Chamosa quen se facía cunha extraordinaria segunda posición nos 5.000 marcha logrando un rexistro de 19:58.54.

O resto das actuacións das nosas e nosos representantes quedou da seguinte maneira.

  • Adi Iglesias nos 100 m. con 12.12
  • Pedro Juncal nos 400 m. con 47.72
  • Claudia Rojo nos 400 valos con 1:00.28
  • Alba Cuns en triplo con 13.18 m.
  • Nacho Fernández en martelo con 60.67
  • Relevo Mixto dos 4×400
  • Leticia Gil na lonxitude con 5.89 m.
  • Esteban Iglesia nos 3.000 obstáculos con 9:14.61
  • Irene Gómez en martelo con 53.39 m.
  • Sergio Coello na lonxitude con 7.11 m.
  • Carlos Porto nos 1.500 m. con 3:51.51
  • Ester Navarrete nos 3.000 m. con 9:30.43
  • Adi Iglesias nos 200 m. con 24.48
  • Mhedi El Naboaui nos 5.000 m. con 14:32.84
  • Pedro Vázquez nos 3.000 m. con 8:13.96
  • Lucía Ferrer nos 100 valos con 14.28
  • David Vicente nos 110 valos con 14.86
  • Manuel Uríz en xavelina con 60.56 m.
  • Anxo Blanco en triplo con 14.92 m.
  • Aitor Fernández en pértega con 4.55 m.
  • Laura Santos nos 1.500 m. con 4:38.07
  • Jaime Arias en peso con 14.20 m.
  • Aldara Meilán nos 5.000 marcha con 24:44.51
  • Mauro Triana nos 200 m. con 21.85
  • Emma Sihunag en altura con 1.60 m.
  • Adrián López nos 100 m. con 11:04
  • 10º Relevo Mixto 4×100
  • 12ª María Fernández nos 400 m. con 56.79
  • 12ª Raquel Meaños nos 800 m. con 2:12.12
  • 12º Juan Núñez nos 800 m. con 1:55.61
  • 13ª Lucía Varela  nos 3000 obstáculos con 11:27.28
  • 14ª Inés Do Campo nos 5.000 m. con 19:49.96
  • 15ª Xavier Lires nos 400 valos con 55.08
  • 15ª Adolfo Sainz Maza en altura con 1.85 m.
  • Nulos de Lisa Vosberg en pértega

Compartir: