Nova fin de semana de importantes Campionatos autonómicos no que o protagonismo desta vez será para os Sub20 e os Sub16.
As pistas de Elviña, e como antesala do absoluto, serán as encargadas de recibir a un importante número de atletas que desfilarán polo sintético coruñés que recibirá a varios dos medallistas do último nacional indoor nas súas categorías.
En concreto na categoría Sub16 contaremos ca presenza da campioa nacional dos 600 m. Celia Castro do Mazí a quen poderemos ver tomando parte sobre esta mesma distancia xunto a medallista de bronce no mesmo nacional dos 1.000 m. Amparo Corredoira da Atlética Lucense.
No sector de lanzamentos, o bronce no nacional indoor do Vila de Cangas Gema Dacosta estará no peso onde parte como clara favorita para o título autonómico.
A proba dos 1.500 será outra carreira importante na que contaremos nada menos que ca participación de dous dos medallistas galegos do último nacional indoor dos 3.000 m., a do campión de España Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural e a do medallista de bronce Alex Sierpes do Trega.
Nos 600 m. o plusmarquista galego da distancia e medalla de bronce nacional, Daniel Salgueiro do Coruña Comarca, tomará parte sobre esta mesma proba na procura de andar preto do seu propio récord.
De igual modo compre salientar a participación das e dos campións galegos da última edición do Xunta de Galicia Sub16 de pista cuberta, quenes intentarán reeditar título e que serán:
- Antón Cillero do Riazor Coruña nos 100 m. e nos 300 m.,
- Celia Castro do A.D.Mazí en 100 m. e 600 m;
- Irene Serantes do Marineda At. nos 300 m.;
- Amparo Corredoira da At. Lucense nos 600 m.;
- Ashaber Díaz da Agrupación Viguesa nos 1.000 m.;
- Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural nos 1.500 m.,
- Leo Rodríguez do Samertolameu nos 100 valos;
- Roi Prieto do Ourense At. e Martina Gutiérrez do A.F. Celta en Altura
- Enrique Polo do At. Sada en Pértega,
- Daniel Varela do A.D.Mazí e Valeria González do A.F.Celta en Lonxitude
- Enzo López do A.D.Barbanza en Triplo e Xavelina
- Eloy Acuña da Gimnástica en Peso
- Marina Artemia da Gimnástica nos 100 valos e Pértega
- Claudia Sufuentes da At. Lucense e Andrés Gonzalez R.C.Celta en Marcha
- Celia Fernández do Riazor Coruña e Nicolás Quiñones da Gimnástica en Combinadas
No campinato Sub20 tamén contarase ca participación dos últimos medallistas no Campionato nacional celebrado en Antequera este ano.
Así a campioa de España de peso, Xiana Lago do Ría Ferrol, estará tomando parte nesta cita por partida dobre xa que contaremos con ela tanto no lanzamento de disco como no de peso onde parte como clara favorita.
Outra das participantes destacadas será a internacional da Atlética Lucense Lucía Sánchez del Valle, a quen veremos concursando sobre a lonxitude e tomando parte nos 100 valos.
De igual modo teñen confirmada a súa presenza os campións galegos e galegas indoor deste ano:
- Manuela Raviña do At. Santiago e Mateo González do Ourense At. nos 100 m.
- Ainhara Rodríguez da Gimnástica nos 400 e 800 m.
- Carmen Victoria Gonzalez da Gimnástica e Jorge Román Leiros do Celta nos 400 m.,
- Antón Martínez da At. Lucense nos 1.500 m.,
- Hugo García do Celta nos 3000 m. e nos 800 m.
- Antía Castro do Ourense At. nos 800 m.,
- Carla Mourelle do Lucus Caixa Rural e Adrián Villares do At. Narón en Lonxitude
- Tomás López do At. Sada en Pértega,
- Samuel Lema do At. Negreira en Peso,
- Samuel Castedo do Lugo Running en Altura
- Ismael Díaz do Marineda na Marcha