Reservas Comedor Universitario para o Campionato Sub20 e Sub16

En relación ao Campionato de Galicia Sub16 e Sub20 desta fin de semana a celebrar nas pistas coruñesas de Elviña, CABE A POSIBILIDADE, de poder xestionar un dos comedores universitarios que se atopan a menos de 200 m. das pistas.

Para elo, e segundo indicacións dos seus administradores, compre un número mínimo de 100 persoas motivo este polo cal abrimos un rolda de consultas entre os clubs e interesados para que nos indiquedes ao correo redesfga@gmail.com ou ao WSP 619847195 ANTES DO MERCORES 29 AS 20.00 horas, un número aproximado de interesados/as, sinalando os días (sábado ou domingo) e o número de persoas en cada día

O Menú é de 10€ persoa, podendo elexir dous pratos (auga, pan e postre, incluido)

  •  Ensalada mixta
  •  Macarróns con tomate e atún
  •  Filete de polo con arroz ou patacas fritas
  •  Postre incluido: Iogourt ou froita

A maiores cóntase con servizo de cafetería (non incluido no prezo)

Compartir: