Celta, Narón e Gimnástica domiñaron o galego de clubs Sub16 e Sub20

Moito nivel de emoción, gañas e motivación foi o presenciado este domingo nas pistas de Pereiro de Aguiar durante a disputa do Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub16 e Sub20.

Un importante número de clubs e de atletas participantes dábase cita para tomar parte nesta edición que foi vivido e disfrutado de maneira moi intensa por todos os asistentes.

A xornada de tarde, que estaba reservada para o Campionato Sub16, viu o triunfo dos equipos do Atletismo Narón na categoría feminina e do Real Club Celta na masculina nun encontro moi igualado na que as diferencias non foron máis alá dos cinco puntos. Completaron podio as formacións do Celta e Gimnástica en mulleres así como novamente novamente e Millaraio na masculina.

Destacaron a nivel individual os triunfos de Valeria Iglesias do A.F. Celta quen se impuxo na lonxitude e nos 100 m. e de Antía Otero do Atletismo Narón quen fixo o propio sobre  peso e xavelina

Xa na categoría Sub20, o título de campión galego foi na categoría femenina para a Sociedad Gimnástica de Pontevedra sendo a masculina para o Real Club Celta, reeditando deste modo os títulos logrados o ano pasado. Xunto eles estiveron en zona de podio o Ría Ferrol e ADAS CUPA en mulleres e así como as formacións do Marineda Atlético e Atletismo Sada na masculina.

A nivel individual destacaron os dobres triunfos de Eric Méndez do Real Club Celta en peso e martelo; Manuela Raviña do Atletismo Santiago nos 100 m. e na lonxitude e Belén García do ADAS CUPA quen dobraba nos 100 valos e 400 valos

 

Compartir: