Varias MMT e mínimas nacionais no Campionato Xunta de Galicia Sub23

As pistas do CGTD de Pontevedra presenciaron esta fin de semana a celebración do Campionato Xunta de Galicia Sub23 individual e de Probas Combinadas absoluto con rexistros e actuacións destacadas.

O máis salientable deste adición foron os 12.23 quen sobre os 100 m.  lograba a velocista da Gimnástica de Pontevedra Cristina Garrido que ademáis tamén lograba o título nos 200 con 25.62 (MMT). Sen abandonar a velocidade Pablo Tomé do Coruña Comarca colgábase o título autonómico logrando unha MMP con 10.88 na proba do hectómetro.

Reaparición da internacional Olaia Guisela Bacerril na lonxitude, quen de volta do seu curso nos EEUU, conseguía un mellor salto de 6,02 (MMT). O campión galego absoluto indoor do Real Club Celta Raúl Cortizo tamén lograba un excelente salto sobre este mesmo foso de 7.28 m. (MMT) nun interesante man a man con Sergio Coello, finalmente segundo con 7.17 m. Na altura mellor marca da tempada para a pontevedresa Andrea Villaverde quen superaba o listón a 1.68 m.

O sector de lanzamentos deixounos interesantes rexistros da man da tamén internacional Irene Gómez do Valencia Atletismo que lanzaba sobre o círculo de martelo no quinto intento ata os 53.53 m. Sobre a mesma especialidade, o céltico Yago Araujo chegaba ata 60.11 m. polos 46.31 (MMT) no lanzamento de disco de Marcos Bouza do Fent Cami Mislata.

Nos valos tanto Guzmán Carril do Atletismo Santiago sobre os 110 v. como Xavier Lires do Marineda nos 400 v. destacaban sobre esta modalidade cos seus 15.44 e 55.73 (MMT) respectivamente. No mesmo sector, bos os 14.48 nos 100 valos para Lucía Ferrer da Gimnástica.

Por último o campionato de Galicia Absoluto de combinadas foi nesta edición para Verónica Arteche do C.A. Santiago na categoría feminina con 2.788 puntos e para Nicolás Arias do UCAM Cartagena na masculina con 5.363 p.

 

Compartir: