Un novo campionato estatal de media marathon e 5 km. será o que aconteza durante esta fin de semana na localidade valenciana de Javia.
A esta edición, á que tamén acuden atletas másters, tomarán parte un total de catorce atletas galegas e galegos na procura de bos resultados.
Entre as desprazadas destaca a presenza da olímpica e plusmarquista nacional dos 5.000 m. Julia Vaquero da S.D. Compostela quen tomará parte na proba de media marathon. A emblemática deportista sairá na categoría F50 onde xa o ano pasado lograba proclamarse subcampioa nacional. Xunto á guardesa tamén poderemos presenciar a actuación da internacional Edymar Brea, segunda clasificada no campionato nacional dos 10.000 m. celebrado o ano pasado en Torrevieja.
Na categoría masculina, especial atención ao internacional Alejandro Fernández do ADAS Calviá, en cuxo currículo destaca o campionato nacional dos10K no 2015. O obxectivo do ourensá será intentar ocupar un posto de podio que o ano pasado estivo a piques de lograr na categoría M35.
José Fernández Márquez do ADAS Cupa na M50, é outro dos atletas importantes que se den cita na localidade valenciana na que loitará para volver a reeditar o título nacional logrado en Sagunto fai dous anos.
Por último, Javier Paredes do Ourense Atletismo estará na pelexa polos postos importantes como xa fixera na edición do ano 2019 desenvolta en Ortigueira na que lograba o bronce nacional.