Novo fin de semana con importantes citas nacionais para o noso atletismo no que destaca o Campionato de España Sub18 que acollerá a cidade andaluza de Jeréz de la Frontera.
Un total de 39 atletas (21 mulleres e 18 homes) son as que figuran inscritas e inscritos nesta edición da que se agardan importantes rexistros e un bó número de marcas personais.
Para comezar nas probas de velocidade, contaremos ca presenza dunha espectacular Ainhoa Repáraz quen se está mostrando intratable este ano no seu sector. A do Val Miñor, tomará parte na proba dos 200 m. logo de acadar os récords galegos Sub18 e Sub20 nas probas de 100 e 200 m. e lograr a internacionalidade ca Selección Nacional. Outro dos valores emerxentes do sector, Fabián Vidal no Atletismo Barbanza, estará tomando a saída na proba dos 400 m. á que acude nun excelente estado de forma como reflexa a súa recente marca de 49.00.
A plusmarquista nacional e atleta internacional Xela Martínez da Atlética Lucense, verémola competir sobre os 2.000 obstáculos, proba na que pouco a pouco parace ir encauzada e que se adapta perfectamente ás súas excepcionais cualidades.
Nos saltos, a bronce nacional de pista cuberta Emma Sihuang Pérez da Atlética Lucense, estará na loita polas medallas sobre o listón de altura grazas aos seus 1.71 m. de pista cuberta que a sitúan ca terceira mellor marca das participantes. Idéntica posición e idénticas aspiracións para a campioa galega absoluta indoor de pértega, a celeste Lisa Vosberg quen xa fora bronce nacional o ano pasado sendo Sub16.
Xoel Otero do Atletismo Mazi estará na pelexa polos postos importantes do concurso de triplo onde se achega ca cuarta mellor marca dos inscritos.
Nos lanzamentos Blanca Pereira do Ourense Atletismo defenderá o título logrado o ano pasado en martelo durante o campionato disputado en Huelva. De igual modo o lucense do Maderas Barcía Lourenza Fernando Vallines, terá moito que decir no círculo de peso
Na marcha estaremos representados polas atletas Aldara Meilán e Oleksandra Kostenko da Atlética Lucense, abandeiradas neste campionato dunha modalidade que busca un novo éxito deportivo e na que tamén tomará parte Natalia Rivas do Atletismo Valladolid
Xa por último, non perderemos de vista a subcampioa nacional de pista cuberta Carlota Salgado do Atletismo Femenino Celta que tomará parte en Heptathlon na procura dun novo podio.
Hugo Fernández en martelo, Sergio González en xavelina e Leyla Villar nos 3.000 m. pechan a relación de atletas cuxas marcas os sitúan entre os postos de finalistas.
Foto Miguélez (RFEA)