Sole Castro e José Manuel Casado domiñan nas alturas

Soledad Castro do Comesaña Sporting Club e José Manuel Casado do Burgas Ourense proclamáronse esta fin de semana campións de Galicia de Trail Running na modalidade de Carreiras de Montaña na edición disputada no Concello de Esgos logo de dous anos de ¨obrigada¨ausencia. A atleta internacional do Comesaña que revalidaba o último campionato desenvolto no 2019,  empleaba un crono de 1h.19:49 polos 1h.02:48 do corredor ourensá.

Xunto aos gañadores absolutos estiveron na zona das medallas a tamén atleta do Comesaña Sofía Freaza a algo máis de dous minutos da gañadora e Mónica Novoa do Runmaniak Ouerense, a cinco. Por parte masculina o subcampionato foi para Javier Janeiro do Atletismo Arenteiro a catro minutos do gañador e Máximo Oubiña do Cambados Seguros Noval, a seis.

A edición autonómica coincidía tamén ca clásica subida a Rocas O Eirao cuxos gañadores foron a propia Sole Castro e Adrián Rodríguez do Running Sport Trail

Compartir: