Rematan as ligas con todo igual para os equipos galegos

Apaixonante fin de semana para os equipos galegos que tomaron parte nos distintos encontros correspondentes ao Campionato Nacional de Liga nas divisións de Honra, Primeira e Segunda.

Ría Ferrol e Gimnástica logran a permanencia na División de Honra

No máximo nivel do atletismo nacional, unha tempada máis o atletismo galego estará representado en ambas categorías logo de que o Ria Ferrol e a Gimnástica de Pontevedra lograsen manterse.

Excelente campionato do equipo masculino pontevedrés quen lograba impoñerse no seu octogonal amosando a súa consolidación na elite nacional. Por parte dos pontevedreses conseguían o triunfo nas súas probas Oriol Madi nos 100 m., Iñaki Canal nos 400 m.; Pablo Bocelo nos 1.500 m. e Manuel Anxo Simón en disco

Moito máis axustado foi o encontro disputado polo equipo feminino do RIA Ferrol en San Sebastián e que obrigaría ata a última proba a tirar de calculadora para facer cadrar os puntos. Afortunadamente ao remate as departamentais lograban unha salvación moi axustada por diante dos xa descendidos Tenerife e Alcorcón. Os triunfos parciais das ferrolás viñeron da man de Talia Mara Pérez nos 200 m.  e de Elena Llobera na lonxitude.

Todo igual na primeira División para Celta e Gimnástica

Na primeira División, o equipo masculino do Real Club Celta que viña de lograr a súa clasificación de maneira moi brillante para a Fase de Ascenso, encaixaba un excelente encontro na que malia o nivel dos rivais, quedaron preto de lograr o ascenso con 88 puntos. Yago Araujo lograba o triunfo parcial no concurso de martelo.

Continuando na Primeira División pero no grupo femenino de permanencia,  Gimnástica de PontevedraAtletismo Feminino Celta cumprían cos seus obxectivos de amarrar a categoría nun ano no que tocou sufrir máis do habitual.

As victorias para as galegas viñeron da man da pontevedresa Lucía Ferrer nos 100 valos e das célticas Paula Piñón e Uxía Paz en xavelina e triplo as cales contriburon a lograr que os seus clubs rematasen nos postos quinto e sexto respectivamente.

 Bo comportamentro dos conxuntos galegos na Segunda División

Na fase de ascenso á segunda división tomaban parte os equipos galegos masculinos de Atletismo Santiago e do Atletismo Narón cos obxectivos postos en facer un bo encontro.

O conxunto galego naronés lograban impoñerse nas probas de disco da man do pentaolimpico Frank Casañas, na lonxitude a través do internacional venezolano Gerson Izaguirre así como no lanzamento de peso grazas a Juan José Caicedo. Por parte do Atletismo Santiago as lesións cebáronse cos brancos o que non lles permitiu amosar o seu verdadeiro potencial ocupando o sétimo lugar xusto por detrás dos naroneses que foron sextos.

No resto de grupos de segunda división, na categoría feminina B1 excelente podio do Ourense Atletismo que ocupaba o segundo lugar con triunfos de África Gómez nos 100, Antía Castro nos 3.000 m., María José Romero nos 100 valos, Blanca Pereira en martelo e a internacional Carmen Escariz en marcha. Neste mesmo grupo participación dos tamén equipos galegos do Club Atletismo Sada e Lucus Caixa Rural que remataban de quintos e sextos e no que as súas mellores atletas foron por parte das lucenses Estela Díaz nos 1.500 m. , Lucía Varela nos 3.000 obstáculos e Uxía Sureda en xavelina, sendo a sadense María Ezquerro a domiñadora no círculo de disco

No grupo B1 pero da categoría maculina, repetianse as mesmas posicións da categoría de mulleres co Sada de quinto e Lucus de sexto

Foron triunfos lucenses os logrados por Xabier Rodríguez nos 1.500 m., Esteban Iglesias nos 3.000 m., Santi Rozas nos 400 valos e Nicolás Arrojo nos 3000 obstáculos. Diego Míguez en lonxitude e Nicolás Ortega en disco, sumaban os triuinfos parciais dos sadenses.

RESULTADOS

 

 

Compartir: