Apaixonante fin de semana para os equipos galegos que tomaron parte nos distintos encontros correspondentes ao Campionato Nacional de Liga nas divisións de Honra, Primeira e Segunda.
Ría Ferrol e Gimnástica logran a permanencia na División de Honra
No máximo nivel do atletismo nacional, unha tempada máis o atletismo galego estará representado en ambas categorías logo de que o Ria Ferrol e a Gimnástica de Pontevedra lograsen manterse.
Excelente campionato do equipo masculino pontevedrés quen lograba impoñerse no seu octogonal amosando a súa consolidación na elite nacional. Por parte dos pontevedreses conseguían o triunfo nas súas probas Oriol Madi nos 100 m., Iñaki Canal nos 400 m.; Pablo Bocelo nos 1.500 m. e Manuel Anxo Simón en disco
Moito máis axustado foi o encontro disputado polo equipo feminino do RIA Ferrol en San Sebastián e que obrigaría ata a última proba a tirar de calculadora para facer cadrar os puntos. Afortunadamente ao remate as departamentais lograban unha salvación moi axustada por diante dos xa descendidos Tenerife e Alcorcón. Os triunfos parciais das ferrolás viñeron da man de Talia Mara Pérez nos 200 m. e de Elena Llobera na lonxitude.
Todo igual na primeira División para Celta e Gimnástica
Na primeira División, o equipo masculino do Real Club Celta que viña de lograr a súa clasificación de maneira moi brillante para a Fase de Ascenso, encaixaba un excelente encontro na que malia o nivel dos rivais, quedaron preto de lograr o ascenso con 88 puntos. Yago Araujo lograba o triunfo parcial no concurso de martelo.
Continuando na Primeira División pero no grupo femenino de permanencia, Gimnástica de Pontevedra e Atletismo Feminino Celta cumprían cos seus obxectivos de amarrar a categoría nun ano no que tocou sufrir máis do habitual.
As victorias para as galegas viñeron da man da pontevedresa Lucía Ferrer nos 100 valos e das célticas Paula Piñón e Uxía Paz en xavelina e triplo as cales contriburon a lograr que os seus clubs rematasen nos postos quinto e sexto respectivamente.
Bo comportamentro dos conxuntos galegos na Segunda División
Na fase de ascenso á segunda división tomaban parte os equipos galegos masculinos de Atletismo Santiago e do Atletismo Narón cos obxectivos postos en facer un bo encontro.
O conxunto galego naronés lograban impoñerse nas probas de disco da man do pentaolimpico Frank Casañas, na lonxitude a través do internacional venezolano Gerson Izaguirre así como no lanzamento de peso grazas a Juan José Caicedo. Por parte do Atletismo Santiago as lesións cebáronse cos brancos o que non lles permitiu amosar o seu verdadeiro potencial ocupando o sétimo lugar xusto por detrás dos naroneses que foron sextos.
No resto de grupos de segunda división, na categoría feminina B1 excelente podio do Ourense Atletismo que ocupaba o segundo lugar con triunfos de África Gómez nos 100, Antía Castro nos 3.000 m., María José Romero nos 100 valos, Blanca Pereira en martelo e a internacional Carmen Escariz en marcha. Neste mesmo grupo participación dos tamén equipos galegos do Club Atletismo Sada e Lucus Caixa Rural que remataban de quintos e sextos e no que as súas mellores atletas foron por parte das lucenses Estela Díaz nos 1.500 m. , Lucía Varela nos 3.000 obstáculos e Uxía Sureda en xavelina, sendo a sadense María Ezquerro a domiñadora no círculo de disco
No grupo B1 pero da categoría maculina, repetianse as mesmas posicións da categoría de mulleres co Sada de quinto e Lucus de sexto
Foron triunfos lucenses os logrados por Xabier Rodríguez nos 1.500 m., Esteban Iglesias nos 3.000 m., Santi Rozas nos 400 valos e Nicolás Arrojo nos 3000 obstáculos. Diego Míguez en lonxitude e Nicolás Ortega en disco, sumaban os triuinfos parciais dos sadenses.