Este domingo o Concello de Esgos como ven facendo nos últimos anos, acolle unha nova edición do Campionato Xunta de Galicia de Trail Running na subespecialidade de Carreiras de Montaña
Logo da ausencia nos dous últimos anos, retómase esta modalidade do Trail Running na que destaca a presenza da atleta máster internacional do Comesañasa Sporting Club Soledad Castro Soliño quen defende o título logrado na última edición do ano 2019. De igual modo tamén estarán os últimos campións galegos M45 e M50 José Mira do Burgas Ourense e Juan Rivas do Cambados Seguro Noval así como a subcampioa F50 Monserrat Carreira do Comesaña S.C.
Percorrido
A saída está prevista para as 11:00 horas diante da Casa do Concello de Esgos, discurrindo a proba por unha fermosa e espectacular contorna da montaña ourensá cuxo percorrido total é de 13 k. A altura máxima rexistrarase en O Eirado na que se alcanzará os 1.163 m. e a mínima en Esgos onde a cota será de 581 m.
Durante o campionato haberá puntos de avituallamento no Mosteiro de San Pedro das Rocas, Arcos, Virxe do Monte e na chegada situada en Esgos.