Preto de medio milleiro de participantes serán quenes esta fin de semana se xunten nas pistas do Estadio lucense Gregorio Pérez Rivera para tomar parte no Campionato Xunta de Galicia máis numeroso e concurrido da axenta galega, o Sub10-12-14
A patir das 10.00 e ata as 13.45 horas, estarán tomando parte nas súas probas e concursos os atletas das categorías Sub10 e Sub12 na primeira xornada do campionato. Logo do xantar, ás 16.30 horas dará comezo a xornada de tarde na que tomarán parte os atletas Sub14 ata o remate do campionato ás 20.15 h.
Mais aló dos resultados e rexistros logrados, preténdese que esta importante cita do atletismo base sirva como estímulo e acicate do gran número de atletas que encherán a instalación municipal, e na que se pretende sexa unha gran festa do atletismo base galego.
Malia a gran cantidade de inscripcións recibidas, tan só foron aceptadas as 16 mellores marcas da actual tempada en cada proba, poidendo cada neno ou nena tomar parte como máximo en dous probas do programa e categoría. No caso de dúas carreiras, tan só unha das mesmas poderá superar os 250 m.
Importancia estratéxica das categorías base
Estas categorías gozan do maior grado de atención e cuidado por parte da Federación Galega quen conta cunha planificación específica para as mesmas. Todo elo se traduce na organización a maiores do Campionato Xunta de Galicia por clubs Sub10-12 e 14, o Torneo de Inverno de categorías Menores ABANCA de pista cuberta, o Memorial Alejandro Lorenzo de Campo a través, múltiples xornadas de atletismo dos XOGADE tanto en pista como en campo a través e diferentes probas en Pista na que a través dos concellos, deputacións, clubs e mesmo Federación, se incluén probas para estas categorías.