A Placa Patrimonio Mundial do Atletismo xa luce nos Cantóns

No día de hoxe o Obelisco da Coruña deu acollida a Presentación oficial do G.P. Cantóns de Marcha Atlética. Trofeo Sergio Vázquez 2022

Este acto que contou ca asistencia da Concelleira de Deportes Mónica Martínez e a do Presidente da FGA Isidoro Hornillos, serviu para presentar o evento internacional que este ano alcanza a súa trixesimo quinta edición.

Durante a comparencia, fíxose unha lembranza de todos estes anos de Cantóns, na que se puxo en valor a figura de Sergio Vázquez, gran artífice, creador e alma máter da proba, que estivo presente no acto xunto con outro non menos importante constructor do proxecto, Eleuterio García.

Na presentación, á que acudiron varios dos marchadores internacionais que xa están na cidade, tamén estivo presente  o Embaixador de Marcha da WA Chuso García Bragado quen lembraba as súas múltiples participacións neste circuito, sinalándoa como ¨a proba máis importante do mundo¨

Descubrimento da Placa Patrimonio Mundial do Atletismo

Unha vez rematada a presentación oficial, os intervintes e o público asistente, contemplaban como se destapaba a placa que lle outorga a Cantóns o título de Patrimonio Mundial do Atletismo. Lembramos que era no ano 2019 cando o Presidente da World Athletics Sebastián Coe, outorgaba esta máxima distinción ao Gran Premio de Marcha galego que a converten na mellor proba mundial despóis duns Xogos Olímpicos, e que xa pode ser vista e contemplada por todo o mundo.

Compartir: