Bo papel da Selección Galega de Combinadas

A Selección Galega de probas combinadas logrou esta fin de semana unha meritoria cuarta posición no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se levou a acabo en Soria.

A actuación máis salientable do combimado galego correspondeu ao do atleta do Atletismo Narón Aitor Fernández que lograba o terceiro lugar no Decathlon Sub20 cun total de 6.212 puntos lograron os triunfos nos concursos de peso, salto de altura e pértega

Adolfo Saínz-Maza lograba o sétimo lugar na categoría absoluta con 6.581 puntos nun concurso no que a súa mellor proba foi a lonxitude onde chegaba ata os 6.93 m.

Pola súa banda na categoría femenina Lucía Sánchez del Valle con 4.752 p. remataba na cuarta posición na categoría Sub20 pola vixésimo primeiro lugar de Andrea Villaverde con 3.266 p. quen lastraría o infortunio da proba dos valos. Para as dúas a súa mellor proba realizada foi o concurso de altura na que sumaban a máxima puntuación das sete probas.

Compartir: