Pedro Vázquez, Campión do Mundo Escolar

O atleta do Real Club Celta pedro Vázquez Bueno lograba no día de onte un notabilísimo resultado no Campionato do Mundo Escolar que se está a desenvolver durante estes días na localidade francesa de Normandia.

O discípulo de Manuel Martínez, que tomaba parte na proba dos 3.000 m., impúxose cun extraordinario rexistro de 8:14.04 ao resto de participantes o que representan ademáis, unha marca mínima para tomar parte no Campionato do Mundo Sub20

Nunha carreira moi intelixente, o atleta vigués lograba o título mundial por diante do ugandés Cherotich Victor quen entraba en línea de meta cun rexistro de 8:15.14, e por diante do turco Utku Gyler que facía o propio con 8:16.72

Esta entrada pola porta grande na élite mundial, ven acompañada nos últimos anos de excelentes resultados entre os que destacamos o título nacional de aire libre e o subcampionato de pista cuberta Sub16 sobre esta mesma proba no ano 2019. De igual modo tamén son salientables os logros colleitados sobre o campo a través, entre os que cabe citar o triunfos tanto no prestixioso Cross de Itálica como na do Campionato Nacional  por clubs do ano pasado, o que pon de manifesto a importante traxectoria deste atleta que suma o seu nome á nova e moi destacada xeración de xóvenes valores galegos.

Cambio de rumbo

Precisamente para o seguinte curso académico, Pedro Vázquez vai ser outro dos nosos atletas que estará ampliando currículo académico e deportivo nunha Universidade dos EEUU en concreto na de Portland, sumándose así a unha longa lista entre as cales se atopan Carmela Cardama, Claudia Rojo ou Pedro Osorio por citar algúns.

Compartir: