Resultados  21-22/05/2022

Intensa actividade na ponte das Letras Galegas

Esta ponte do día das Letras Galegas adicado a Florencio Delgado Rufían, (exiliado militante do Partido Galeguista, poeta, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas así como autor de varios libros entre outros) será aproveitado polo atletismo galego para desenvolver unha intensa actividade atlética.

Liga de Clubs

A segunda xornada do Campionato Nacional de Liga contará ca presenza de catro dos nosos equipos galegos que defenderán os seus intereses en Honra e Primeira División.

Na máxima categoría tanto Ría Ferrol como Sociedad Gimnástica, pelexarán por lograr un bo posto que lles garante estar un ano máis no Top da categoría nacional. Logo do seu bo primeiro encontro, acudirán nesta ocasión a Castellón e Barcelona respectivamente ca idea de seguir sumando puntos cara a esa clasificación final.

Na Primeira División masculina o Real Club Celta, logo das excelentes sensacións deixadas na primeira xornada, loitará por dar un paso máis ao fronte no seu soño de estar en Honra a vindeira tempada, para o cal terá que viaxar ata Monzón e refrendar o seu bo momento. Desde logo sería a millor das homenaxes posibles que se poidera tributar a Alfonso Posada.

Na categoría femenina un equipo do Celta moi motivado, contará cunha excelente oportunidade en Valladolid para enmendar o frouxo comezo de competición. Pola súa banda as rapazas da Gimnástica de Pontevedra intentarán prácticamente pechar en Lleida a súa permanencia un ano máis nesta importante categoría.

Campionato de Galicia Sub10,12,14

Continuando ca axenda, o Barco de Valdeorras será sede este sábado a partir das 10.30 horas da disputa do Campionato de Galicia por clubs das categorías base do noso deporte.

Un total de 640 participantes e 21 equipos serán quenes enchen as pistas do Estadio de Calabagueiros para tomar parte nesta edición que xunta aos mellores atletas Sub10, Sub12 e Sub14 do noso deporte.

Campionato de Galicia Máster

De igual modo o domingo a partir das 10.00 horas e polo Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, desfilarán un total de 429 atletas que tomarán parte na gran cita anual correspondente ao Campionato de Galicia Máster. A data que tivo que ser adiantar como consecuencia de que a RFEA ubicou as súas ligas nacionais másters no día 4 (que era orixinalmente a data escollida para o galego) contará ca presenza dos plusmarquistas mundiais Esther Pedrosa, Domingo Álvarez e Nemesio Gutiérrez entre outros.

Máis importantes citas en ruta e pista

Pero non só son os distintos campionatos galegos e estatais quenes ocupen a axenda competitiva, se non que a maiores poderemos disfrutar dunha ampla oferta en pista ca disputa do clásico Memorial Gregorio Pérez Rivera-Trofeo Mariano Castiñeira en Lugo e o Trofeo Sociedad Gimnástica no CGTD de Pontevedra

Na ruta contaremos cas citas da Carreira Pedestre de Frades (Frades) , Carreira Popular pola Ría de O Burgo (O Burgo), Carreira Praia de Samil-Memorial Alfonso Varela (Vigo) así como unha nova edición da Carreira do Camiño das Letras (Santiago)

 

 

Compartir: