Resultados

O Celta prepara un gran Trofeo na memoria de Alfonso Posada

Son días tristes para o Atletismo Galego e máis ainda para a gran e querida familia do Celta Atletismo quen ainda despide con fondo sentir a figura de Alfonso Posada, lenda, historia e alma dos seus cores.

Son e serán moitas sen dúbida, as mostras de agarimo e recoñecemento que se brindarán a súa memoria por parte de todos e cada un dos estamentos do noso deporte. Nesta línea está traballando precisamente a familia do Celta, quen pretende converter o ¨XIV Trofeo Alfonso Posada. Siempre en nuestra Memoria y corazón¨ nunha homenaxe moi especial da que o club agarda ¨… poder hacer que esta edición se convierta en el homenaje que se merece y poder despedirnos todos de Alfonso, queremos implicar a todo al atletismo gallego y nacional además de a las autoridades locales y autonómicas. Alfonso era de otro nivel y queremos que se le despida y recuerde como tal¨

O trofeo será o vindeiro día 1 de xuño a partir das 18.00 horas estando convencidos de que en Balaidos estará boa parte do Atletismo Galego homenaxeando a figura dun home que contribuiu ca súa paixón, entrega e traballo, a dar forma e enriquecer o noso atletismo actual.

Foto: celtaatletismo.es (A.Juncal)

Compartir: