Resultados  21-22/05/2022

Gran Premio Cantones, quenta motores

Pouco a pouco o atletismo galego preparase para recibir aos mellores atletas mundiais do momento no que será a súa trixésimo quinta edición correspondente ao Gran Premio de Marcha Cantóns de A Coruña- Trofeo Sergio Vázquez  que como todos os anos e de manera ininterrompida, agás no 2020 pola situación pandémica, acude fielmente ao seu emblemático escenario.

A falta de pouco menos de vinte días para a gran cita, xa teñen confirmada a súa participación un importante número de marchadoras e marchadores de top mundial quenes volverán a encher as rúas coruñesas de calidade e espectáculo.

Ata o momento as últimas confirmacións realizadas corresponden a do sumbcampión olímpico en Londres-12 Erick Barrondo de Guatemala e a da marchadora chinesa Quieyang Shenjie bronce na mesma edición, quenes se suman deste xeito aos tamén medallistas olímpicos confirmados, Sandra Lorena Arenas de Colombia e Evan Dunfee de Canadá, prata e bronce respectivamente nos Xogos de Tokio 2020.

Novas distincións para a organización do Gran Premio

Recentemente o Gran Premio sumaba dúas novas distincións máis que engadir ao seu importante palmarés de recoñecementos nacionais e internacionais. O primero deles viña da man da Real Federación Española de Atletismo quen novamente distinguía a Cantóns como a mellor proba organizativa do ano 2021 da súa modalidade. Unha semana despóis era o Concello da Coruña quen en mans da súa alcaldesa Inés Rey recoñecía a esta cita na IV Gala do Deporte da Coruña e da súa Comarca, como ¨a mellor competición do ano 2021¨

Lembramos que este importante evento conta desde o ano 2019 ca placa Patrimonio Mundial do Atletismo,  máxima distinción mundial outorgado pola Wordl Athletics e da que o seu presidente Sebastian Coe chegaría a decir ¨ O Gran Premio anual Cantóns da Coruña é un faro de excelencia e a reunión máis antiga do circuíto de marcha da WA¨

Compartir: