Esta fin de semana tanto as instalacións do Inef de Oleiros como as do CGTD de Pontevedra, foron sedes da disputa dos Campionatos de Galicia de Clubs de Probas Combinadas e do Campionato de Galicia de Pentathlon de lanzamentos máster respectivamente.
Os eventos que gozaron dunha climatoloxía xa propia do verán, daban o triunfo en Oleiros ao clubs do Atletismo Narón na categoría masculina e a do Atlética A Silva na categoría feminina. Xunto aos naroneses ocuparían postos de podio A Silva e Gimnástica así como Atletismo Santiago e novamente as pontevedresas da S.Gimnástica na categoría femenina.
No tocante ao autonómico de pentathlon de lanzamentos máster disputado na cidade de Pontevedra os gañadores e gañadoras individuais de cada categoría foron as/os seguintes:
- F40. Mª Teresa Janeiro (C.A.Sada) con 2.283 p.
- F45. Mª José Fraga (A Silva) con 1.972 p.
- M45. Carlos Almudí (C.A. Narón) con 3.247 p.
- F50. Marta Sureda (Samertolameu) con 2.593 p.
- M50. Juan Núñez (A Silva) con 2.190 p.
- M55. Javier Viteri (Samertolameu) con 2.946 p.
- F60. Ana Abuín (A Silva) con 2.542 p.
- M60. Xulio Ventín (S.Gimnástica) con 3.776 p.
- F65. Emilia Mesa (Ourense At.) con 2.521 p.