Resultados Galicia – Nacional Absoluto Aire Libre

Presentouse o Campionato de España dos 10K. en ruta

No día de hoxe tivo lugar a presentación na Deputación de Ourense do Campionato de España dos 10K. Absoluto e Máster que se vai disputar o vindeiro día oito de maio no Barco de Valdeorras.

Ao acto acudiron Rosendo Fernández Vicepresidente da Deputación de Ourense, Alfredo García Alcalde do Concello de O Barco de Valdeorras, Isidoro Hornillos Presidente da Federación Galega de Atletismo e Aurentino Alonso Concelleiro de Deportes de O Barco.

Foi precisamente o vicepresidente do organismo provincial Rosendo Fernández quen actuando en calidade de anfitrión, abría esta presentación oficial do Campionato de España dando paso aos intervintes non sen antes amosar a súa gratitude tanto a Federación como a Concello por poñer no mapa á provincia de Ourense.

Pola súa banda Isidoro Hornillos facía fincapé entre outros aspectos, da importancia do nivel de coordinación e entendemento das distintas institucións implicadas en materia deportiva sentíndose por tal motivo ¨tremendamente orguioso e moi satisfeito¨

O concelleiro de Deportes destacaba de igual modo a excelente resposta que tivo a Deputación para a organización deste campionato, expresando a súa gratitude a todos os colaboradores e patrocinadores privados.

¨Vai ser un enorme éxito de todos, do Concello, da Deputación e da Federación Galega¨ expresaba no peche da presentación o alcalde de O Barco Alfredo García quen aproveitaba a súa intervención para animar a todas e todos os atletas a tomar parte na Carreira Popular de 10K que tamen se organiza no mesmo día.

Datos sobre o Campionato

Con esta cita de O Barco, Galicia recibe por tereira vez un Campionato de España de 10K. logo da primeira edición do ano 2009 en Ribadavia e a do 2014 en Padrón.

A nivel de participación agárdase un número superior aos 400 inscritos e incritas, contando a Carreira Popular, estando representadas un total de 17 Comunidades Autónomas das cales Galicia con 61 inscritos é a que máis aporta, seguido de manchegos e madrileños con 59 e 43 respectivamente.

No palmarés do campionato, presenza galega nos triunfos de Lolo Penas na cuarta edición do ano 2012 e de Alex Fernández na sétima do ano 2015. Será precisamente este último atleta quen xunto a Rubén Diz do Ourense Atletismo, Alejo Ares, María Cedrón e Iván Docampo do ADAS CUPA e Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol encabecen (ata o momento) a expedición galega

Streaming da presentación

Compartir: