Volve o mellor evento mundial do G.P. Cantones de Marcha

Pouco máis dun mes queda para que de novo podamos presenciar un dos grandes clásicos do calendario internacional como é o Gran Premio de Marcha Atlética Cantones da Coruña-Trofeo Sergio Vázquez que se achega á súa trixésimo quinta edición.

Será en concreto o vindeiro día 28 de maio a partir das 17:00 horas cando o asfalto coruñés reciba novamente aos máis importantes marchadores e marchadoras mundiais do momento que competirán sobre un circuito de 1 Km. con saída e chegada no Cantón Grande da Zona do Obelisco.

Malia que este 2022 é ano postolímpico, ao longo do mesmo coincidirán por tema COVID dúas importantes citas internacionáis como son o Campionato do Mundo no mes de xullo en Eugene (EEUU) e un mes despóis o Campionato de Europa na cidade germana de Zurich, polo que se agarda unha importante presenza de atletas internacionais na procura das mínimas de participación que dará se cabe, máis calidade e cartel a esta proba. De igual modo e como cada ano, a selección nacional que compita nestas dúas citas sairá de Cantones, polo que xa teñen confirmada a súa presencia os mellores especialistas nacionais do momento.

Novidades e máxima valoración mundial ao G.P. Cantones

Este ano o Gran Premio Cantones intégrase na nova World Athletics Race Walking Tour 2022 que sustitúe á Challenge W.A. O novo formato competitivo está integrado por un total de vintecatro probas as cales encádranse segundo o seu nivel en tres categorías: a de máximo nivel ou Gold GL Category a de nivel A ou Gold A Category e por último as de categoría prata e bronce ou Other Events Silver and bronce category.

Cabe salientar que das vintecatro probas que forman o tour internacional tan só dúas contan co recoñocemento do máximo nivel ao fronte das cales sitúase o Gran Premio Cantones xunto a organizada pola cidade chinesa de Taicang. Lembramos que a edición galega conta ca Placa Patrimonio Mundial do Atletismo concedida pola Wordl Athletics no ano 2019 e que a distingue co máis alta recoñecemento mundial para este tipo de probas.

 

Compartir: