No día de hoxe tivo lugar no Hotel Atlántico da Coruña a gala de premiacións correspondente ás Xornadas de Atletismo en Pista Deputación da Coruña que durante catro xornadas, se estiveron desenvolvendo nos últimos meses do ano pasado polos concellos de Ribeira, A Pobra, Noia e A Coruña.
Ao acto asistiron a Deputada de Deportes e Mocidade Cristina Capelán, o Deputado Provincial Roberto Rodríguez, o Presidente da Federacion Galega de Atletismo Isidoro Hornillos e o Secretario Xeral da citada Federación Carlos Castro.
Foi precisamente o Presidente da FGA Isidoro Hornillos quen salientaba a enorme importancia deste tipo de iniciativas para a promoción do atletismo, felicitando e recoñocendo de igual modo, a importante labor que durante todo este tempo está levando a cabo a Deputación da Coruña a prol do deporte en xeral e do atletismo en particular
Premios para os tres mellores
Durante a gala, as autoridades foron facendo entrega dos distintos premios a os tres primeiros clasificados e clasificadas das categorías Sub10 e Sub12 das modalidades de 50 m., 60 m. e 500 m. no tocante ás carreiras e de altura, lonxitude e peso no apartado de concursos.