Xornada Técnica de Salto con Pértega

A proposta do responsable de Salto con pértega Antonio Fernández Costas, convócanse a un total de dazaseis atletas das categorías Sub16 e Sub18 para tomar parte nunha xornada técnica da modalidade o vindeiro día 24 de abril no módulo cuberto de Ourense correspondente ao Plan Galego de Técnificación Atlética.

A finalidade da mesma é a de estabrecer un seguimento directo de todos aqueles atletas que polos seus rexistros e capacidades amosen unhas especiais condicións para este sector.

Especial atención ás adestradoras e adestradores

De igual modo a concentración estará aberta a todos os técnicos e técnicas das convocadas e convacados que desexen acudir previa solicitude de confirmación na ligazón oficial

  • Lugar: Módulo cuberto de Ourense
  • Data: 24 de abril de 2022
  • Responsable: Antonio Fernández Costas
  • Incorporación: o 24 de abril ás 10:00 h. no módulo cuberto de Ourense.
  • Remate: o 24 de abril ás 13:30 h. no mesmo lugar.

Compartir: