Un balance provisional de tres medallas e catro postos de finalistas foi o resultado xeneral logrado polas atletas galegas e galegos que tomaron parte durante esta fin de semana nos Campionatos de España disputados.
Para comezar Xela Martínez lograba o título de campioa de España Sub18 na proba dos 5.000 m. na cita disputada na localidade portuguesa de Faro. Unha das ¨principais valores do atletismo galego¨ impoñíase nunha proba cun gran nivel no que novamente a lucense daba mostras da súa gran calidade ao rematar na primeira posición invertindo un rexistro de 16:45.53. Con este resultado ademáis rebaixaba o récord galego que dende o ano 1995 tiña Alexandra Aguilar en practicamente… ¡medio minuto!
No mesmo campionato foron igualmente moi salientables os postos de finalista logrados por Antía Castro do Ourense Atletismo quen lograba unha brillante cuarta posición na proba dos 5.000 Sub20 con 17:37.23.
Esther Navarrete pola súa banda, asinaba unha meritoria sexta posición absoluta sobre os 10.000 m. con 33:23.49, destacando de igual modo o oitavo posto nos 5.000 Sub20 acacado tanto por Lucía Varela do Lucus Caixa Rural como por Hugo García do R.C.Celta
Igual de notorios foron os resultados dos galegos e galegas desprazados ata a localidade canaria de Breña Baja para tomar parte no Campionato de España de Milla en Ruta máster e absoluto.
Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol lograba o título de Campión de España na categoría de M65 logo de invertir un rexistro de 5:49. Pola súa banda e de maneira provisional Amador Pena do S.D. Compostela facía o propio cun crono de 5:49 sobre a M45
A terceira das galegas, Raquel Meaños do Valencia Atletismo, remataba na categoría absoluta na cuarta posición con 5:23