De acordo co que determinan os Estatutos da Federación Galega de Atletismo, por orde do presidente da FGA convócase á Asemblea Xeral Ordinaria, correspondente á tempada 2021 (aprazada por permiso outorgado pola Xunta de Galicia) no salón de actos da EGAP en Compostela o sábado 26 de marzo ás 16.30 en primeira convocatoria e ás 17.00 en segunda.
A orde do día será a seguinte:
- Saúdo e benvida do Presidente da FGA.
- Lista de compoñentes.
- Designación de dous delegados escrutadores.
- Informe do Presidente da FGA.
- Informe do Comité Galego de Xuíces da FGA.
- Aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral anterior.
- Estudo e aprobación, se procede, do Calendario de Competicións e normas técnicas da tempada 2022.
- Aprobación, se procede, da liquidación definitiva do ano 2020.
- Aprobación, se procede, da liquidación provisional do ano 2021.
- Ratificación, se procede, da normativa de licenzas 2022 aprobada pola Comisión Delegada da Asemblea Xeral.
- Aprobación, se procede, do proxecto de orzamento para o ano 2022.
- Estudo e debate das propostas presentadas polos/as asembleístas e Órganos de Goberno da FGA.
- Rogos e cuestións dos membros da Asemblea