Presentado o X Circuito Correndo por Ourense

No día de hoxe tivo lugar a presentación do X Circuito Correndo por Ourense, polo que a cidade de As Burgas recupera un dos seus máis importantes e participativos eventos deportivos.

Con esta volta á normalidade, Ourense recupera a súa ampla oferta atlética en ruta que a converten, da man da Popular San Martiño, nunha das máis importantes provincias da nosa comunidade

O circuito estará formado por un total de seis carreiras oficiais que darán comezo no mes de abril ca proba do Vinteún, para rematar no mes de outubro ca celebración da Carreira da Carballeira

As incripcións realízanse na páxina wwww.carreirasgalegas.com desde oa pasado 14 de marzo, rematando cada mércoles anterior á disputa de cada carreira, volvéndose a abrir os luns seguintes a cada carreira.

Compartir: