Resultados Galicia – Nacional Absoluto Aire Libre

O mellor do noso atletismo, no mellor campionato posible

Un total de vinte unha mulleres e dazaseis homes serán os galegos e galegas que tomarán parte durante esta fin de semana no LVIII Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta que se desenvolverá na instalación cuberta de Expourense

Expourense un modelo de xestión, aproveitamento e tecnoloxia

Con este novo evento son xa cinco os campionatos de rango nacional que se veñen disputando nesta instalación que pasa por ser unhas das poucas a nivel mundial con tecnoloxía hidráulica que permite o montaxe e desmontaxe da pista en poucas horas. Este factor, unido a gran calidade do material que a fan especialmente rápida, así como ao excelente equipo de responsables, xuices, técnicos e persoal voluntario fan dela todo un garante de éxito ante calquer evento atlético que se pretenda abordar.

Os galegos e galegas a mellorar os resultados do 2021

Do total de 531 atletas, a nosa comunidade envía a un total de 37 cuxa misión vai ser mellorar as tres medallas e os tres postos de finalistas logrados o ano pasado no absoluto desenvolto no Gallur de Madrid.

As bazas máis importantes estarán da man das nosas e nosos olímpicos, comezando pola medallista en Tokio Ana Peleteiro que parte como clara favorita no concurso de triplo ao que acude cunha soa compitición nesta tempada de 14.15 m. Na mesma especialidade, estaremos moi pendentes da participación de Alba Cuns, Diaou Diallo e Alex Barreiro con moi serias opcións de estar nos postos importantes.

No mesmo foso pero de lonxitude, teremos a valdeorresa campioa de España de Aire Libre Leticia Gil que ven de saltar recentemente ata os 6.25 m. que a sitúan ca terceira mellor marca das participantes tras Fatima Diame (6.64 m.) e Irati Mitxelena (6.55 m.)  Na categoría masculina o novo valor da modalidade Sergio Coello, tamén podería meterse  na loita por un dos postos da final  nun foso que botará en falta a presenza de Jean Marie Okutu e a quen todos estaremos acompañando nestes duros momentos.

Nas probas de velocidade e a nivel xeral, un dos focos de atención será sen lugar a dúbidas a presenza da campioa e subcampioa paralímpica en Tokio 2020 Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural que a veremos tomando parte sobre os 60 m.  A lucense compartirá distancia ca campioa galega absoluta e recente plusmarquista autonómica Sub18 Ainhoa Repáraz en excelente estado de forma así como con Cristina Garrido da Gimnástica. Nos homes o internacional e recordman galego  de 100 m. e 200 m. Mauro Triana figura inscrito sobre esta última distancia xunto ao seu compañeiro de adestramentos Sergio Rodríguez quen acude con 21.75. O tamén plusmarquista e campión galego Javier García do Celta, sairá pola súa banda sobre a proba raiña indoor da velocidade os 60 m. xunto a Adrián Pérez quen acude con 6.85

Os valos van ser a proba con máis presenza galega xa que serán seis os atletas que compitan. A campioa galega absoluta Teresa Rodríguez do Riazor Coruña é quen conta ca mellor marca das galegas na que destaca a lucense Lucía Sánchez del Valle e a pontevedresa Lucía Ferrer. Nos homes Hugo Vázquez do Marineda que ven de lograr o récord galego Sub20 con 8.17 lidera o grupo de galegos no que se atopan Santiago Rozas do Lucus e portugués con ficha galega pola Gimnástica Joao Alexandre Ribeiro.

O noso segundo olímpico Adrián Ben, acude ca intención de resarcirse do quinto lugar do ano pasado. O viveirense achégase neste ano post-olímpico ca intención de baixar o seu rexistero de 1:47.31 e atacar a mínina do Mundial de Belgrado do mes de marzo. Diante del terá a dous durísimos riváis como son a nova sensación da distancia Mariano García e Alvaro de Arriba. Por parte femenina estarán Raquel Meaños en importante progreso que lle permiten ir recuperando sensacións, e María Carballido do At. Friol que fora finalista no nacional Sub23 de aire libre do ano pasado

Unha das agradables e importantes evolucións da tempada é a que  está a ter Laura Santos do Lucus Caixa Rural a quen poderemos ver tomando parte na proba dos 1.500 m.  Xunto á lucense, estará tamén sobre a línea de saída María Cedrón do ADAS CUPA. Na categoría masculina nada menos que tomarán parte tres atletas da Gimnástica á cabeza dos cales se atopa o campión galego absoluto Carlos Porto xunto ao cal loitarán por un bo crono e posto neste campionato Pablo Bocelo e Adrián Lago .

Atención a proba dos 3.000 m. onde contamos con dous dos nosos máis importantes valores de futuro, Xela Martínez e Mehdi El Nabaoui. O seu obxectivo será acudir sen ningunha presión na procura de experiencias de alto nivel competitivo. Sobre esta mesma distancia seguiremos á participación de Joselym Brea que acude cun rexistro que lle vai permitir estar na loita polos metáis sen esquecernos da presenza da internacional, quen volve ao máis alto nivel logo da súa maternidade, Esther Navarrete.

Un sector en contínuo medre nos últimos anos como é o de combinadas, vai estar representado na categoría masculina tanto por Adolfo Saínz-Maza que recentemente lograba asinar a segunda mellor marca da historia galega, como por parte do venezolano residente en Galicia Gerson Vidal Izaguirre do Atletismo Narón. Por parte feminina estará sobre o sintético ourensá nun excelente estado de forma a campioa de España Sub23 e plusmarquista galega absoluta Eva Queimaño

No concurso de altura, agardadísima e esperada vai ser a reaparicón da internacional Saleta Fernández  logo dun período de inoportunas lesións que a mantiveron apartada das pistas e onde Ourense agarda para recibila como se merece.

Sen abandoar os concursos, a olímpica e plusmarquistas de España Belén Toimil acude con moitas gañas a defender o seu título do ano pasado. A inoportuna lesión no seu nocello fai unas semanas, vaille impedir rendir ao cento por cento nunha proba donde é o máximo referente. A céltica Raquel Villa compartirá ca olímpica o círculo de peso co obxectivo de loitar por un posto entre as oito primeiras.

Enlaces de interés

 

Compartir: